Presentación do libro "Nadie muere la víspera" de Stella Estrada
O Centro de Documentación e Recursos feministas acolle a presentación do libro "Nadie muere la víspera" de Stella Estrada o mércores, 19 de outubro de 2016 ás 19.00 horas. Interveñen Stella Estrada e Xesús Alonso Montero.<br /> <br /> <br />
"Nadie muere la víspera" é o terceiro libro da escritora colombiana afincada en Galicia, Stella Estrada.
A novela parte dun feito real que lle foi narrado á autora en primeira persoa polo seu marido, Xulio Losada: na España franquista, vetada pola maioría de mandatarios internacionais, houbo unha primeira visita institucional, a do presidente de Liberia, William Tubman, quen desembarcou en 1952 no porto da Coruña. O presidente de Liberia asomouse ao balcón de María Pita para ser aclamado polo xentío ao berro de "Tubman, Franco!". Só había unha voz disonante, a dun anarquista que aproveitou a confusión
fonética para gritar "Tomba a Franco!!"...
Descargar todas as imaxes