Escoitar

Caballero anuncia a incorporación de 16 novos autobuses o que eleva a flota a 124 vehículos

O servizo de tranporte público de Vigo conta con 16 novos autobuses, dotados con USB e WIFI, ademais de rampa telescópica para o acceso de cadeiras de rodas. Tal e como explicou Caballero, Vigo é a primeira cidade galega en contar cunha flota 100% accesible.

luns, 17 out 2016
1476718662vitrasa.jpg
O alcalde de Vigo participou esta mañá na presentación de dezaseis novos autobuses o que eleva á flota actual a 124 vehículos, cunha inversión que ascende a preto dos 4 millóns de euros. En concreto, explicou o rexedor, trátase de 14 buses de 12 metros de longo e 2 "orugas" de 18 metros cada un. Durante os últimos cinco anos, se incorporaron 50 novos autobuses -seguindo o contrato entre Concello e concesionaria- o que supón a renovación do 40% da flota e, polo tanto, que a idade media dos buses de Vigo se sitúe nos 6 anos de media, "probablemente, a máis nova de España".

Outras das principais novidades, resaltou Caballero, é que os usuarios poderán disfrutar de WiFi gratis a bordo e dispoñer de conexión USB. En concreto, cada autobús conta con 8 entradas USB e os orugas con 16. Tamén se refiriu ás máquinas billeteiras, xa que os dezaseis buses levarán incorporados novos sistemas de billetaxe para as tarxetas sen contacto que en breve incorporaranse a toda a flota. Respecto do medio ambiente, os novos autobuses contan con motores Euro VI, o que reduce a emisión de gases.

Accesibilidade
O 100% da flota de VITRASA é accesible para minusválidos e todos contan con plataforma integral baixa. Os novos buses incorporan rampa telescópica para o acceso de cadeiras de rodas e no interior tamén se atopan dous espazos habilitados para as cadeiras de rodas. Vigo é a primeira cidade galega en contar coa flota cen por cen accesible.

En declaracións aos medios, Caballero lembrou o elevadísimo apoio que o Concello achega os cidadáns, con case 13 millóns de euros na tarxeta verde e na gratuidade para xubilados de tipo 1 e 2, sen esquecer as axudas aos universitarios, parados, familias numerosas ou transportes aos centros educativos.
Descargar todas as imaxes