Concello e Diputación destinan 50.000 euros á conservación dos Sendeiros Azuis
Os traballos para a preservación da Senda Camiño a Beiramar que transcorre polo Paseo do río Lagares, a Senda dos Faros das Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía e Teis serán acometidas grazas ao convenio de colaboración aprobado pola Xunta de Goberno Local cun importe de case 50.000 euros.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres ao proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para levar a cabo actuacións de conservación e sostemento das tres rutas de Vigo que contando co recoñecemento de sendeiros azuis.
Cun importe de case 50.000 euros, financiado ao 80% pola Deputación e nun 20% polo Concello, o acordo permitirá intervir na Senda de Ribeira e Litoral: Camiño a Beiramar, que transcorre polo río Lagares desde a Avenida de Madrid ata la desembocadura; a Senda entre Faros, Illas Cíes-Vigo, que parte da praia de Rodas e chega ata os faros e a Senda Litoral e do Monte da Guía en Teis, que percorre o monte da Guía, a Praia da Punta e a Etea en Teis.
Convenio con UXT
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de convenio de colaboración coa Unión Comarcal da Unión Xeral de Traballadores para ayudar con 15.000 euros ao financiamento das actividades que desenvolve a entidade no ano 2016.