Escoitar

O goberno local organiza visitas guiadas no Verbum para coñecer a historia da cidade a través de "Emporium"

A mostra "Emporium. Mil anos de comercio en Vigo" presenta unha retrospectiva das relacións comerciais de Vigo e estará aberta no Verbum-Casa das Palabras ata o 28 de maio de 2017. As visitas serán de balde para que "todas as mozas e mozos coñezan a historia da cidade", apuntou o alcalde.

xoves, 13 out 2016
Abel Caballero informou este xoves da posta en marcha no museo Verbum-Casa das Palabras dunha oferta de visitas guiadas orientadas a grupos educativos e asociacións, empresas ou grupos profesionais que serán realizadas por monitores didácticos co obxectivo de que a cidade coñeza a súa propia historia. "Queremos que esta exposición excepcional sexa coñecida por todos os mozos e mozas viguesas; queremos que coñezan os 1000 anos de historia da cidade, da súa aparición e do seu asentamento".

As visitas serán totalmente gratuítas previa inscrición dos grupos a través do 010 Servizo de Atención Cidadá (010@vigo.org ou telefónicamente marcando 010 dende Vigo, ou 986 810260 desde móbiles, de luns a venres de 8,00 a 20,00 h, sábados de 10,00 a 14,00 h) .

A mostra "Emporium. Mil anos de comercio en Vigo" presenta as relacións comerciais de Vigo desde a Prehistoria ata a chegada dos árabes á Península Ibérica e estará aberta no Verbum-Casa das Palabras ata o 28 de maio de 2017 .