venres, 14 out 2016
Segundo informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou o nomeamento de 4 auxiliares para o servizo municipal de política social, ao que se sumarán outros 10, tres a próxima semana e sete coa Oferta de Emprego Público para atender a demanda cidadá. Caballero tamén amosou hoxe a súa satisfacción polo "crecemento excepcional" do aeroporto de Peinador en setembro.
venres, 14 out 2016
Os traballos para a preservación da Senda Camiño a Beiramar que transcorre polo Paseo do río Lagares, a Senda dos Faros das Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía e Teis serán acometidas grazas ao convenio de colaboración aprobado pola Xunta de Goberno Local cun importe de case 50.000 euros.
venres, 14 out 2016
O rexedor mantivo un encontro este venres con representantes do grupo Euskaltel, tras a unión empresarial coa galega R, amosándolle o desexo de cooperación dunha cidade que "quere estar no futuro" e ofrecéndolle apoio para que desenvolvan as súas redes en Vigo, con especial atención ás conexións no ámbito rural. Dende Euskaltel manifestáronlle a Caballero a súa vontade de manter "moita presenza" na cidade con calidade nos servizos.
venres, 14 out 2016
A exposición "Mulleres do Silencio: de Maruja Mallo a Ángela de la Cruz" abre desde hoxe venres e ata o 16 de abril no MARCO amosando un cento de obras de mulleres artistas do século XX. Durante a presentación da mostra, o rexedor apostou polos espazos para dar visibilidade ao traballo das mulleres.
venres, 14 out 2016
A Concellería de Xuventude presenta a programación xuvenil de outubro a decembro destinados á mocidade de entre 13 a 35 anos de idade.
venres, 14 out 2016
O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, celebrado en sesión do 3 de outubro de 2016, adoptou, entre outros, os seguintes acordos de aprobación provisional: