martes, 11 out 2016
O protagonista de "Memorias dun neno labrego", Balbino, preside desde hoxe a Biblioteca Municipal Neira Vilas na rúa Martínez Garrido cunha estatua realizada en colaboración coa Deputación e creada pola Escola de Canteiros de Pontevedra.
martes, 11 out 2016
O alcalde avanzou que os 15 millóns que recibirá Vigo procedentes do EDUSI permitirán acometer "o proxecto máis importante que nunca se fixo na cidade con fondos europeos". Eloxiou a bondade do Vigo vertical, capaz de concitar a maior asignación económica á que podía aspirar unha cidade nesta convocatoria de fondos da Unión Europea.
martes, 11 out 2016
O goberno local vén de adxudicar 50.000 euros para un programa de intervención sociosanitaria para persoas drogodependentes. Baixo a organización de Médicos do Mundo, o programa Cereda súmase ao labor que se desenvolve na rúa desde o Centro de Inclusión Municipal, situado en Marqués de Valterra.
martes, 11 out 2016
O alcalde inaugurou este martes en dependencias municipais o curso da Escola Municipal de Danza na que se formarán 250 alumnos do total de 1.560 que cursan nas Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas especialidades de artes e oficios, danza, música, música tradicional e teatro. O rexedor define a oferta como "moi importante" porque a través desta aprendizaxe vanse formando as persoas que manteñen "as pezas clave da cultura tradicional", engadindo que para o Concello é "unha satisfacción mantelas e aumentar o seu presuposto e a súa participación".
martes, 11 out 2016
Como sinal de apoio aos dereitos das nenas en todo o mundo e tomando "parte activa" neste labor de defensa dos mesmos, o Concello súmase á celebración do Día Internacional da Nena tinguindo de rosa as Fontes da Rúa Aragón a partir das 20:30 horas seguindo a convocatoria da ONG Plan Internacional que traballa polos dereitos da Infancia.