Escoitar

O alcalde inaugura a estatua de Balbino en homenaxe a Neira Vilas

O protagonista de "Memorias dun neno labrego", Balbino, preside desde hoxe a Biblioteca Municipal Neira Vilas na rúa Martínez Garrido cunha estatua realizada en colaboración coa Deputación e creada pola Escola de Canteiros de Pontevedra.

martes, 11 out 2016
1476189738balbino.JPG
Abel Caballero e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, descubriron este martes a estatua de Balbino, o protagonista de "Memorias dun neno labrego", coa que o Concello quere render homenaxe ao seu autor, Xosé Neira Vilas, na Biblioteca Municipal que leva o seu nome. O rexedor destacou que "Balbino veu a Vigo para quedarse e quedar ao lado do seu pai e alma creadora" presidindo a entrada da biblioteca cunha figura de pedra realizada pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, tras a sinatura dun convenio de colaboración entre ambas institucións.

O alcalde dixo sentirse honrado coa presenza no acto de Chus Neira, sobriña do escritor, e do presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez e puxo en valor a figura de Neira Vilas como "escritor universal" co mérito de tomar referencias da súa cultura para exportalas ao resto do mundo, como é o caso dos labregos protagonistas deste libro. Así, destacou que as raíces de Vigo tamén están na cultura tradicional e no mar, na agricultura e no mar, apuntou.
Descargar todas as imaxes