Vigo celebra o Día Internacional das Nenas iluminando de rosa as Fontes de Aragón
Como sinal de apoio aos dereitos das nenas en todo o mundo e tomando "parte activa" neste labor de defensa dos mesmos, o Concello súmase á celebración do Día Internacional da Nena tinguindo de rosa as Fontes da Rúa Aragón a partir das 20:30 horas seguindo a convocatoria da ONG Plan Internacional que traballa polos dereitos da Infancia.