Escoitar

O Concello intensifica as políticas de intervención sociosanitaria con drogodependentes

O goberno local vén de adxudicar 50.000 euros para un programa de intervención sociosanitaria para persoas drogodependentes. Baixo a organización de Médicos do Mundo, o programa Cereda súmase ao labor que se desenvolve na rúa desde o Centro de Inclusión Municipal, situado en Marqués de Valterra.

martes, 11 out 2016
O goberno local deu luz verde ao convenio de colaboración con Médicos do Mundo para desenvolver o Cereda, un programa de intervención sociosanitaria para persoas drogodependentes en risco de exclusión social. Cun importe de 50.000 euros, esta ONG organiza obradoiros ocupacionais, rehabilitación, hixiene (intercambio de xeringas e entrega de preservativos), unidade de café calor e unidade de rúa. Este dispositivo únese ao que tamén desenvolve na cidade o persoal do albergue municipal.

O rexdor tamén deu conta da aprobación da clasificación de ofertas para a contratación das obras de instalación do céspede artificial no campo de fútbol do Monte da Mina-Castrelos. Cun orzamento de 160.928 euros, renovarase o céspede e mellorarase o sistema de rego. Así mesmo, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación provisional das obras de humanización da segunda fase da rúa Ferreiros, en Bouzas. Os traballos estenderanse desde o cruce con Ramón Antonio Álvarez ata a avenida Atlántida e renovarase o pavimento, así como as redes e a iluminación, ademais de mellorar o mobiliario urbano. Segundo detallou Caballero, o importe é de 146.000 e o prazo de execución de tres meses.