O goberno de Vigo incrementa o persoal do servizo de Benestar Social
Segundo informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou o nomeamento de 4 auxiliares para o servizo municipal de política social, ao que se sumarán outros 10, tres a próxima semana e sete coa Oferta de Emprego Público para atender a demanda cidadá. Caballero tamén amosou hoxe a súa satisfacción polo "crecemento excepcional" do aeroporto de Peinador en setembro.
O rexedor deu conta este venres do reforzo "moi singular" que está realizando o seu goberno na área de política social tras a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local do nomeamento interino por acumulación de tarefas de 4 auxiliares para o servizo de Benestar Social, de maneira que se poidan atender as necesidades da cidadanía do mellor xeito posible.
Ademais, avanzou que a próxima semana, o Concello vai formalizar o contrato de tres traballadores ou traballadoras sociais para incorporar a este servizo e lembrou que a execución da Oferta de Emprego Pública de 2010 e 2011 que se está executando nestes momentos, permitirá incorporar ao cadro de persoal municipal outros 7 traballadores sociais.
Crecemento do aeroporto
O alcalde valorou con "satisfacción" os datos de funcionamento da terminal viguesa no mes de setembro que amosan un "crecemento excepcional" do 36,5%, con niveis de ocupación "altísimos", polo se comprometeu a seguir "nesta senda de manter a oferta de voos desde Vigo". Así, anunciou que o Concello traballa para aumentar esta oferta e conseguir prezos máis competitivos, apuntando que na ruta a Madrid a ocupación é moi elevada, o que implica que precisa "voos adicionais".