Escoitar

Vigo conta cun momumento que rende homenaxe aos seus deportistas olímpicos e paralímpicos

Abel Caballero inaugurou esta mañá unha obra do artista Álvaro de la Vega que rende homenaxe aos olímpicos e paralímpicos vigueses e, por estensión, aos afeccionados en xeral. Durante o acto, que contou coa actuación de ACOPOVI, o alcalde insistiu en que "Vigo sempre quixo facer do deporte unha bandeira".

xoves, 13 out 2016
1476364619olimpicos.JPG
Vigo xa conta cun monumento que rende homenaxe aos seus mellores deportistas, situado na confluencia entre as rúas Rosalía de Castro e Miragaia. Trátase dun mural en pedra no que se gravaron os nomes de todos os vigueses que participaron nuns xogos olímpicos ou paralímicos. Concretamente, a inscripción reúne a 43 deportistas (34 homes e 9 mulleres), dos que 37 son olímpicos e 6 paralímpicos, nunha variedade de quince disciplinas que van desde o atletismo ao voleibol, pasando polo ciclismo, fútbol, remo, tenis ou triatlón.

Durante a súa intervención, Caballero explicou que "Vigo sempre quixo facer do deporte unha bandeira, unha cultura para vivila, practicala e disfrutala". Respecto das competicións olímpicas, eloxiou os seus valores: competencia leal, mensaxes de paz, amizada, respecto das culturas de todos os países, convivencia.... Con este monumento, dixo, queremos render homenaxe a todos os que participaron nalgunha olimpiada e, sobre todo, "aos que o fixeron levando o nome de Vigo, gañando ou sen gañar". Antes de rematar, augurou que en breve haberá que ampliar o muro "porque cada vez necestiaremos máis espazo para inscribir a máis deportistas".

Na inauguración tamén participaron Conrado Durántez, presidente da Academia Olímpica Española e Carlos Pérez, atleta olímpico. ACOPOVI foi a responsable de interpretar o inmo olímpico.
1476364619olimpicos.JPG
1476364634juegos.JPG
Descargar todas as imaxes