Escoitar

Caballero ofrece o seu apoio a Euskaltel para dar cobertura a toda a cidade

O rexedor mantivo un encontro este venres con representantes do grupo Euskaltel, tras a unión empresarial coa galega R, amosándolle o desexo de cooperación dunha cidade que "quere estar no futuro" e ofrecéndolle apoio para que desenvolvan as súas redes en Vigo, con especial atención ás conexións no ámbito rural. Dende Euskaltel manifestáronlle a Caballero a súa vontade de manter "moita presenza" na cidade con calidade nos servizos.

venres, 14 out 2016
1476450591euskaltel.JPG
Descargar todas as imaxes