Escoitar

O Concello organiza rutas guiadas polas 29 medianeiras decoradas

Abel Caballero recoñeceu este venres o labor artístico realizado polos creadores dos vinte e nove murais que conforman o Programa Municipal de Medianeiras, co que se organizarán visitas guiadas por voluntarios culturais nas próximas semanas para contemplar estas mostras de arte urbana.

venres, 14 out 2016
1476450741medianeras.JPG
A Casa da Cultura Galega acolleu este venres o acto de recoñecemento do Concello ao labor realizado polos artistas que participaron no primeiro e segundo Programa Municipal de Medianeiras co que se decoraron 29 muros e paredes en barrios e no centro da cidade, conformando unha colección de arte urbana ao aire libre.

O alcalde puxo en valor o talento amosado polos artistas novos e consolidados que formaron parte do programa e dos centros educativos que tamén decoraron os seus muros exteriores como parte das actividades complementarias do proxecto. No acto estiveron presentes algúns dos autores como Antón Pulido, Berta Cáccamo, Gonzalo Alonso, Antonio Barbará, Iria Blanco, Pilar Alonso, Ramón Trigo ou Lula Goce e representantes dos colexios.

Para Caballero o programa de medianeiras conseguiu a transformación deses 29 espazos "do feísmo á arte e á beleza" e enténdeo como a expresión dunha "nova forma de entender a cidade". Así mesmo, adiantou que o vindeiro ano se poñerá en marcha unha nova convocatoria para decorar quince espazos máis.

Para poñer en valor este novo patrimonio cultural da cidade, o Concello editará folletos informativos coas súas características e a situación e poñerá en marcha, nas próximas semanas, rutas guiadas polas medianeiras, que conforman un itinerario de arte ao aire libre que realizarán voluntarios culturais.
Descargar todas as imaxes

Máis información