xoves, 20 out 2016
O rexedor informou hoxe de que a ONG das Nacións Unidas recoñece con este premio a actividade desenvolvida polo Concello nos espazos de dinamización infantil de Coia e da Casa da Xuventude nos que os cativos combinan ocio e aprendizaxe e que permiten que as familias concilien a vida familiar e laboral. <br />
xoves, 20 out 2016
A Xunta de Goberno Local adxudicou provisionalmente o servizo do albergue por un período de catro anos. O prezo de licitación foi de case 3.700.000 euros e,tal e como avanzou o rexedor, a asignación anual aumentará nun 20%. <br />
<br />
xoves, 20 out 2016
Hoxe xoves comeza en Vigo a sexta edición deste certame, que conta coa colaboración municipal e que quere superar o concepto clásico de poesía, achegándoa as públicos máis diversos con actividades na rúa para implicar a toda a cidadanía. <br />
xoves, 20 out 2016
Mañá venres celébrase o primeiro espectáculo no Teatro Afundación ás 20:30 horas cun repertorio "excepcional" con pezas de Gaos ou Schubert. Abel Caballero sinalou que o goberno local apoia con 10.000 euros o ciclo para que toda a cidade poida gozar da música da orquestra clásica decana de Galicia.