O alumnado do Colexio Divino Salvador visitan o Concello
Abel Caballero saudou no Salón de Plenos a un grupo de estudantes de quinto curso de Educación Primaria que, acompañados por profesores, visitaron este mércores as dependencias municipais da Praza do Rei dentro do programa "Coñece o teu Concello", co que o goberno local quere achegar a institución a toda a cidadanía. Así os máis pequenos tiveron a oportunidade de facerlle preguntas ao alcalde sobre a súa responsabilidade á fronte da cidade.