Escoitar

Concello e educadores coinciden en cualificar de "magnífica" a terapia asistida con cans

O Concello entregará a "Mami" en adopción a unha familia na que un dos seus membros ten necesidades educativas especiais, avanzou esta mañá o rexedor. Trátase dunha das seis cadelas coas que se presta terapia asistida a nenos e adultos. Este animal foi sacado da canceira e adestrado para prestar este servizo. <br />

mércores, 19 out 2016
1476883144xornalcans.JPG
O alcalde entregou esta mañá 400 diplomas a outros tantos alumnos e alumnas que durante o pasado curso recibiron educación con cans nas aulas en horario lectivo. Tal e como explicou o rexedor, esta terapia axuda aos estudantes a manter a atención, baixar o nivel de estrés, de ansiedade e de agresividade. Ademais, tamén se atende a nenos e adultos con necesidades educativas especiais como son as persoas que padecen Asperger, Síndrome de Down, Alzheimer ou autismo.

No Auditorio Mar de Vigo tamén estiveron presentes membros da familia que vai adoptar a "Mami", unha das seis cadelas que ata o de agora prestaban este servizo. Este animal procede da canceira e foi adestrado para ofrecer unha terapia que tanto o Concello como os educadores consideran "magnífica".
Descargar todas as imaxes