Escoitar

O Concello coopera coa Orquestra Clásica de Vigo nos dous concertos do ciclo "Á Deriva"

Mañá venres celébrase o primeiro espectáculo no Teatro Afundación ás 20:30 horas cun repertorio "excepcional" con pezas de Gaos ou Schubert. Abel Caballero sinalou que o goberno local apoia con 10.000 euros o ciclo para que toda a cidade poida gozar da música da orquestra clásica decana de Galicia.

xoves, 20 out 2016
1476968109orquesta.jpg
O rexedor mantivo un encontro este xoves co director da Orquestra Clásica de Vigo, Manuel Martínez Álvarez-Nava, con quen abordou o programa do ciclo "Á Deriva" que inclúe dous concertos cun repertorio "excepcional" con pezas de Andrés Gaos, Schubert ou Séjourné e que fai un repaso pola música clásica cunha lectura propia na que alternan os sons clásicos e os contemporáneos.

Os concertos celébranse mañá venres día 21 e o 29 de decembro no Teatro García Barbón ás 20:30 horas do serán e contarán con dous solistas vigueses, Álvaro Jurado, no primeiro, e Jorge Abreu no segundo; dous músicos de calidade musical recoñecida que teñen traballado en distintos lugares de Europa.

Caballero destacou a traxectoria da Orquestra Clásica de Vigo que é a decana das galegas, con 32 anos de traxectoria, e apuntou que o Concello subvenciona os concertos deste ciclo cunha achega de 10.000 euros para cooperar no desenvolvemento dos espectáculos na cidade, da mesma maneira que apoia á Orquestra Sinfónica 430, á Escola Municipal de Música, aos conservatorios Superior e Profesional, Mayeusis ou a Escola de Folk E-TRAD.
Descargar todas as imaxes