O alcalde chama á cidadanía viguesa a loitar todos xuntos contra a violencia de xénero os 365 días do ano

mércores, 25 nov 2015

O EnlazaVigo reuniu hoxe a 2.000 estudantes para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres con actividades informativas, lúdicas e de concienciación na rúa do Príncipe e a conformación dun tapiz humano que simboliza o berro unánime da cidade contra a violencia machista. No acto central, Raquel Doval, en representación do Consello Municipal da Muller leu un manifesto de rexeitamento desta lacra e todos os asistentes gardaron un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas.

O EnlazaVigo 2015 implica á cidadanía na loita contra a violencia de xénero

martes, 24 nov 2015

Mañá mércores ás 12 horas desenvólvese en Vigo o acto central do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres que este ano ten como lema "somos quen de deter a violencia de xénero" e que reunirá no farol de Urzáiz a 1.800 estudantes para conformar un tapiz humano co que se amosará o rexeitamento da cidade a esta lacra. A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou as actividades da xornada acompañada de representantes de varias entidades do Consello Municipal da Muller.

Faladoiro sobre o libro "El putero español"

mércores, 18 nov 2015

O Centro de documentación e recursos feministas programa para o xoves 19, ás 19:00 horas o faladoiro sobre o libro "El putero español" de Águeda Gómez Suárez, Silvia Pérez Freire e Rosa María Verdugo Matés.Interveñen Silvia Pérez Freire e unha representante da Asociación Faraxa.

O Concello freta dous autobuses para acudir á Marcha contra as violencias machistas en Madrid

venres, 6 nov 2015

Abel Caballero informou que o goberno local puxo a disposición da cidadanía dous autocares gratuítos cos que poder acudir á capital de España para participar na "Marcha contra as violencias machistas" que se desenvolve mañá sábado. "Teñen todo o apoio do Concello de Vigo e seguiremos implacablemente a loita contra a violencia machista" . Os autobuses saen na tarde deste venres dende a Praza de España e regresan mañá pola tarde ao rematar a manifestación na que estará presente a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco. O transporte posto polo concello súmase ao autobús que freta a Deputación de Pontevedra, polo que dende Vigo sairán tres.