Máis de 160.000 persoas pasaron polo HALO no seu primeiro mes de historia

martes, 19 mar 2024

Caballero deu conta dos datos do uso do ascensor e as pasarelas do HALO no seu primeiro mes en funcionamento, cunha media de 5.517 persoas ao día. Así, 160.000 persoas achegáronse á obra que abriu ao público o pasado 16 de febreiro, una estrutura que alberga un ascensor e sirve para unir a zona do Areal con Vialia e Vía Norte. Amais, o alcalde destacou que tamén durante o primeiro mes se puxo en marcha o xogo de luces da estrutura “para pregoar efemérides como o Día Internacional da Muller”, cando o HALO se tinguiu de color lila.

Vigo solidarízase o 8M con todas as mulleres do mundo

venres, 8 mar 2024

O Concello representou a multiculturalidade de feminismo con bandeiras e flores de todo o mundo. Ata a Porta do Sol achegouse o alcalde acompañado da tenente alcalde e delegada da área de Igualdade, Carmela Silva, e a concelleira Ana Laura Iglesias, que compareceron xunto ao Consello da Muller e persoas que sumáronse ao acto. No seu discurso, Silva amosou o seu apoio ás mulleres de países onde é difícil traballar pola igualdade por mor das guerras. “O movemento feminista vai cambiar o mundo”, declarou. Pola súa banda, o alcalde sumouse ás reivindicacións en contra das violencias machistas e posicionouse en contra dos partidos políticos que rexeitan a igualdade ou son cómplices do machismo institucional.