Escoitar

O goberno local apoia a Reconquista con 155.000 euros

A Xunta de Goberno deu luz verde ao convenio coa Asociación de Veciños do Casco Vello polo que se conceden 125.000 euros para a organización da Reconquista.

venres, 22 mar 2024

O alcalde deu conta do convenio asinado coa Asociación de Veciños do Casco Vello polo que se concede a esta entidade 125.000 euros para a organización da festa da Reconquista. Segundo Abel Caballero, este ano medra o orzamento nun 61%. Amais, o Concello encárgase da decoración que supón 30.000 euros máis e pon a disposición da Reconquista a limpeza, xestión do tráfico, seguridade e promoción da “gran romaría urbana”, como dixo o rexedor.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a axuda de 30.000 euros á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos.

Turismo

Os datos do INE de visitantes no mes de febreiro sitúan o mes de 2024 como un dos mellores da serie histórica. Abel Caballero puxo de manifesto o aumento dos turistas internacionais, que medraron respecto ao mesmo mes do ano pasado.

Descargar todas as imaxes