O goberno municipal volve apoiar todas as celebracións da Semana Santa de Vigo
Consolidar a Semana Santa de Vigo como unha das efemérides importantes da cidade é o obxectivo trazado polo goberno de Abel Caballero ao manter o apoio ás celebracións dos últimos anos. O Concello achega 37.000 euros para as procesións e as celebracións públicas.
O rexedor explicou que o apoio municipal comeza o vindeiro domingo 24, coa procesión da Borriquita na Porta do Sol, sobre as 12,30 do mediodía. A partir de aí, o Xoves Santo, ás 19.00 horas a procesión do noso Pai Jesús Nazareno, en Teis. Ás 20.00 sairá de Rosalía de Castro a procesión do Sagrado Corazón de Xesús.
Caballero lembrou que o Venres Santo Vigo contará con dúas procesións: desde o Sagrado Corazón de Rosalía de Castro e desde a Basílica de Santa María, ata unirse na rúa Colón e dirixirse á Porta do Sol. A Guía contará co Vía Crucis que comezará ás 23.00 horas.
O rexedor indicou que tamén actuarán corais para solemnizar as procesións, “todo financiado polo Concello de Vigo”, indicou.
Feira da cervexa artesá "O Birraseto"
O alcalde anuncioua celebración, do 22 ao 31 de marzo, da nova edición da festa da cervexa artesá, “O Birraseto”, que se realizará na Explanada do Náutico.
Caballero destacou que se degustarán distintos tipos de cervexas e comida na rúa durante dez días, así como o carácter familiar das festas que tamén ofrecerán alternativas para os nenos.
O programa inclúe concertos de dez grupos: Os Mortimer, The Lear Papers, Castro e os Escoltas, Full Rockers, Three Roosters, Manu Pereyra Con Nico Valentín, In The Cisos, Plan de Fuga, Fanatic Four e Silverback, desde as 12 da mañá ás 12 da noite.