Escoitar

Abel Caballero recibiu á presidenta de Redeia, Beatriz Corredor

O rexedor vigués mantivo esta mañá un encontro con Beatriz Corredor, ex ministra de Vivenda e actualmente presidenta de Redeia. Nesta reunión trataron temas de relevancia para a cidade como a implantación da Moi Alta Tensión, sobre a que o alcalde indicou que "vai sobre o previsto e planificado", engadindo que "nestes intres atópase na fase de tramitación".

mércores, 20 mar 2024

No encontro que tivo lugar nas dependencias municipais tamén estivo presente Elena Espinosa, terceira tenente de alcalde da cidade e exministra do Medio Ambiente.

O rexedor explicou que aproveitaron para tratar temas de actualidade para Vigo, como a instalación da Moi Alta Tensión, sobre a que Caballero afirmou que "non hai ningunha sombra de dúbida sobre a súa chegada", explicando que "a vicepresidenta terceira do Goberno, Teresa Ribera, o confirmou" e todo "vai sobre o previsto e planificado", atopándose nestes intres "na fase de tramitación".  Ademáis, o alcalde destacou que " a Moi Alta Tensión de Vigo xa conta con recursos para un proxecto que elevará o seu investimento a preto dos 72 millóns de euros", co cal "en tres ou catro anos estará vixente e operativa".

Na súa estancia en Vigo, Beatriz Corredor participou esta tarde como poñente das xornadas formativas municipais, baixo o lema: “As políticas públicas de Igualdade”.

Descargar todas as imaxes