O Concello inviste 825.000 euros no Vigo Emprega para a contratación de 75 persoas
O alcalde saudou aos participantes do programa Vigo Emprega que se está a desenvolver no Parque Central de Servizos en Lavadores. Estas persoas combinan a formación coa execución de obras de interese municipal.
Abel Caballero achegouse ao Parque Central de Servizos de Lavadores, onde o Concello está a desenvolver o programa Vigo Emprega, no que inviste 825.000 euros para a contratación de 75 persoas.
O alcalde desexoulles a mellor das sortes no seu futuro. Os participantes combinan a formación coa execución de obras de interese municipal, creando novas oportunidades de traballo e mellorando o entorno urbano. Traballarán durante 6 meses a xornada completa levando adiante distintas tarefas, centradas sobre todo na albanelería, pintura, electricidade e xardinería.
O obxectivo é fomentar a inserción laboral ao mesmo tempo que as persoas participantes melloran sus habilidades profesionais e a súa capacitación e competencia profesional.