Escoitar

"A Reconquistiña" contará con 1.400 escolares de 34 colexios de Vigo

Os preparativos da Reconquistiña acaparan xa as actividades dos 1.400 alumnos dos 34 colexios de Vigo que o mércores 3 de abril protagonizarán o desfile que encherá a Praza de Compostela e o Casco Vello. Así o anunciou este martes Abel Caballero tras poñer en valor ensaios como os iniciados hoxe nos colexios Atlántida e Canicouva.

martes, 19 mar 2024

A aprendizaxe dos sons cos que os escolares de colexios públicos, privados e concertados poboarán o Casco Vello e a Praza de Compostela o próximo 3 de abril para converterse en protagonistas dun dos fitos históricos de Vigo, coa súa particular “Reconquistiña”, acapara a axenda lúdica dos 34 centros que participarán na edición de 2024: 6 máis que o ano pasado. Un total de 1.400 escolares revivirán cos seus instrumentos tradicionais os sons da Reconquista nun acto que precede á fin de semana da histórica celebración.

Concerto público

O alcalde explicou que entre os actos organizados na Reconquista atópase o concerto que o día 23 de marzo protagonizará na Concatedral a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv 2211, que pechará o programa con interpretacións co coro de pais, amigos e familiares. “É unha forma de entender a música na Reconquista, con obras tradicionais de Pierce , Sibeluis , Schubert e Handel”, detallou o rexedor.

Caballero destacou que o concerto está organizado polo Concello “porque queremos que a música acompañe á Reconquista”.

Descargar todas as imaxes