martes, 19 mar 2024
Representantes do Corpo Nacional de Policía e do Hospital Povisa recollerán, o próximo martes 26 de marzo, as dúas Medallas de Ouro da Cidade acordadas este ano polo Concello no acto da entrega das distincións con motivo da Festa da Reconquista. O primeiro reitor da Universidade de Vigo e actual Valedor do Cidadán, Luis Espada Recarey, será o encargado de ler o bando municipal, segundo anunciou este martes Abel Caballero. O alcalde apuntou que as entidades educativas e deportivas da cidade serán protagonistas dos galardóns de Viguesas e Vigueses Distinguidos.
martes, 19 mar 2024
A renovación da ponte situada á altura da rúa Coutadas é a primeira das oito actuacións previstas dentro do X programa Vigo cidade de cor. Trátase dunha pérgola téxtil colocada a modo de marquesiña en forma de ondas de tecido.
martes, 19 mar 2024
Abel Caballero presentou este martes na Casa das Artes xunto ao alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral a exposición “Colmeiro Punta Seca", unha mostra froito da colaboración co museo da localidade ribeirense. “Trátase dunha exposición excepcional”, afirmou o alcalde.
martes, 19 mar 2024
Os preparativos da Reconquistiña acaparan xa as actividades dos 1.400 alumnos dos 34 colexios de Vigo que o mércores 3 de abril protagonizarán o desfile que encherá a Praza de Compostela e o Casco Vello. Así o anunciou este martes Abel Caballero tras poñer en valor ensaios como os iniciados hoxe nos colexios Atlántida e Canicouva.
martes, 19 mar 2024
Abel Caballero recibiu este martes, no Salón de Plenos do Concello de Vigo, ao alumnado do Colexio Mariano que participaron no programa didáctico "Vigo o teu Concello". O rexedor explicou aos escolares que as decisións que adopta o goberno e a corporación municipal inciden directamente nun número importante de ámbitos da vida da cidadanía. O alumnado percorreu as dependencias das principais instalacións municipais, como a Sala de Control do Tráfico.