A Fundación Laxeiro acolle a mosta "Colmeiro Punta Seca" con 48 matrices orixinais
Abel Caballero presentou este martes na Casa das Artes xunto ao alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral a exposición “Colmeiro Punta Seca", unha mostra froito da colaboración co museo da localidade ribeirense. “Trátase dunha exposición excepcional”, afirmou o alcalde.
O rexedor de Vigo lembrou que o Concello mantén un acordo coa familia de Manuel Colmeiro para colaborar na difusión do traballo creativo do artista e fixo un chamamento á cidadanía a que visite a exposición “Colmeiro Punta Seca”, que permanece aberta na Casa das Artes.
Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, destacou a trascendencia de Colmeiro ao propiciar a renovación da arte galega e a orixinalidade da mosta aberta en Vigo. “Trátase dunha exposición única que, de cando en cando, pode contemplarse porque ven os ferros orixinais que logo se ven no lenzo”, relatou.
O comisario da mostra, Carlos López, destacou a importancia da presenza en Vigo dos ferros orixinais das obras de Colmeiro realizadas na década dos 40 do século pasado, durante o inicio do seu exilio provocado pola guerras civil e mundial, e creadas “desde unha perspectiva dun humanismo antifascista que teñen que ver coa obra de Picasso clasicista dos anos 30 e coa súa experiencia galega, do exilio e da memoria”.
Mostra
A exposición está construída ao redor dos 48 gravados que se mostran ao público de forma conxunta coas 48 matrices orixinais. Esta configuración proporciona ao proxecto un atractivo visual moi singular, xa que o público non está afeito contemplar o gravado á beira da súa matriz.
O cartafol de gravados foi editada pola Fundación Museo Artes do gravado de Ribeira dispoñendo dos matrices orixinais que son propiedade da familia e algúns dos gravados son inéditos.