xoves, 21 marzo 2024

Caballero chama a contemplar a última obra de Bosco Caride, "Indicios", exposta no MARCO

xoves, 21 mar 2024

O Museo de Arte Contemporánea exhibe desde hoxe, ata o 15 de setembro, a obra máis recente do artista de Vigo Bosco Caride, que, segundo afirmou Abel Caballero no acto de presentación, conta cun valor artístico extraordinario que require traballar para “facer que todo Vigo vexa esta grande exposición”. Ante o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, o artista Bosco Caride, o director do MARCO, Miguel Fernández-Cid, e o comisario da mostra, Jaume Vidal, o alcalde recalcou que as obras teñen a singularidade de “atraer e atrapar” ao observador polas sensacións que produce cada cadro.

O alcalde saúda ao alumnado que asiste ao concerto "Vocasóns"

xoves, 21 mar 2024

A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD) ofrece durante esta semana varios concertos didácticos baixo o título "Vocasóns", cos que queren achegar aos escolares de Primaria da cidade á música tradicional. Este xoves, Abel Caballero saudou ao alumnado do CEIP Virxe do Rocío, do CPR Atalaya-Cantabria, do CPR San José de Cluny, do CPR Mariano, do CEIP Vicente Risco e do CEIP Josefa Alonso que asistiron como público a un dos concertos programados.