Escoitar

Vigo é o Concello de Galicia co maior importe de adxudicación de obra pública en 2023

Os datos recollidos polo último “Estudio de adxudicacións de obras en Galicia”, elaborado pola Federación Galega da Construcción, sitúa a cidade a cabeza do ránking con 183 obras por valor de 33,3 millóns de euros. Abel Caballero destacou que “só Vigo, adxudicou máis obra pública que A Coruña, Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense xuntas”.

xoves, 21 mar 2024

O Concello de Vigo adxudicou no ano 2023 un total de 183 obras cun importe de 33.324.954 euros, como así o indica o informe do “Estudio de adxudicacións de obras en Galicia”, elaborado pola Federación Galega da Construcción. O rexedor sinalou que “isto sinala o noso nivel de actividade, Vigo conta cunha gran transformación liderada dende este Concello” e “este dato irrebatible é unha clara mostra”.

Esta cifra converte a Vigo na primeira cidade de Galicia en adxudicación de obra pública, acaparando máis “da cuarta parte” dos 313 municipios galegos, cun 25,8% do total. Como destaca Caballero, “só Vigo, adxudicou máis obra pública que A Coruña (8,7 millóns), Pontevedra (7,9 millóns), Santiago (7,5 millóns), Lugo (6,1 millóns) e Ourense (2,4 millóns) xuntas”, xa que computan 32,6 millóns en adxudicacións de obra pública.

Descargar todas as imaxes