Escoitar

Vigo acolle en xuño a Copa do mundo de tríatlon paralímpico e a Copa de Europa de Tríatlon

O alcalde participou este mércores na presentación da dobre cita internacional que se celebrará o 1 e 2 de xuño con Samil como epicentro das competicións.

mércores, 20 mar 2024
Foto de familia da presentación
Foto de familia da presentación

"Vigo e o tríatlon imos sempre xuntos", apuntou Abel Caballero , quen estivo na presentación xunto a Marisol Casado, presidenta do World Tríatlon e membro CIO; José Hidalgo, presidente da Federación Española de Tríatlon; Javier Campos, presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, e Susana Rodríguez Gacio, triatleta paralímpica internacional, "un expoñente deste deporte e Medalla de Ouro olímpica", destacou.

A praia de Samil acollerá os vindeiros 1 e 2 de xuño a cuarta proba do circuíto da Copa do Mundo de paratriatlón, que se inicia en Abu Dhabi en marzo -logo seguirán en abril Yenisehir e Samarkanda en maio-, e tamén a competición continental, na que os focos se centrarán no vigués Antonio Serrat, clasificado para a Olimpíada de París, que hoxe estivo representado no acto pola súa familia.

En Samil estiveron presentes deportistas do Club Tríatlon Mar de Vigo e do Delikia.

 

Foto de familia da presentación
Descargar todas as imaxes