O Concello súmase o sábado 23 á hora do planeta apagando as luces de cinco edificios e monumentos
O Concello sumarase este sábado 23 de marzo á iniciativa medioambiental “A hora do planeta”. Co apagado das luces de cinco edificios e monumentos significativos da cidade, Vigo mostrará “o noso compromiso coa natureza e co clima”, segundo afirmou este mércores Abel Caballero.
Durante unha hora do próximo sábado, de 20.30 a 21.30, as luces do edificio do Concello na Praza do Rei, así como do monumento da Praza de España, a pérgola de As Travesas, e as fontes das rúas Gran Vía e Aragón, permanecerán apagadas para mostrar a adhesión de Vigo a iniciativa “A hora do planeta”. O alcalde apuntou que “Vigo é un dos grandes concellos de España que secunda a defensa do coidado do planeta”. Sinalou o compromiso co clima e coa natureza.