venres, 22 marzo 2024

Vigo contará cun servizo de bicicletas eléctricas

venres, 22 mar 2024

Abel Caballero indicou esta mañá que o Concello “autorizou a instalación de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas en aparcamentos subterráneos”. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o proxecto de reparación estrutural da cuberta do pavillón polideportivo de Bouzas.

O padrón fiscal do imposto sobre vehículos inclúe exencións fiscais para 54.688 propietarios

venres, 22 mar 2024

O parque móbil de Vigo conta cun total de 202.733 vehículos, segundo consta no padrón municipal do imposto, que reflicte un ano máis o aumento de motocicletas e ciclomotores, segundo destacou o alcalde este venres. “Trátase dun sistema de transporte ao que Vigo se adapta especialmente ben e que, efectivamente, continúa o seu ascenso”, afirmou.