Abel Caballero: “Vigo estrea o primeiro furgón lavapapeleiras de Galicia”
O alcalde destacou que “coa incorporación deste novo vehículo permitirá limpar unhas 1.500 papeleiras ao mes, aforrando un 20% de auga”.
Vigo cumpre un novo fito ao converterse na primeira cidade de Galicia en estrear un furgón lavapapeleiras con motor de gas natural comprimido (GNC) e capaz de reciclar a auga. Deste xeito “abordamos a posibilidade de limpalas in situ, sen ter que trasladalas, o que reduce o tempo e beneficia a limpeza da cidade”.
Trátase dun vehículo cunha capacidade de aforro dun 20% de auga, grazas á reciclaxe da mesma, e que permitirá limpar unhas 1.500 papeleiras ao mes na cidade. O novo furgón está dotado de depósitos estancos para a limpeza robotizada mediante auga fría, a 150 bares de presión, e emprega desengrasante e desodorizador con etiqueta ECO, un produto biodegradable e en baixa concentración.