Escoitar

A cidade sumará unha nova praza pública de case 2.000 m2 na peonil do Calvario

A peonil do Calvario contará cun novo espazo público de preto de 2.000 m2 á altura dos números 136-138 da rúa Urzáiz. Esta actuación permitirá abrir unha conexión peonil entre esta rúa e San Roque.

venres, 15 mar 2024

A Xerencia de Urbanismo dará luz verde a un convenio urbanístico para a ordenación conxunta dunha praza situada en Urzáiz 136-138. O espazo que cederá a promotora do edificio ten 683 m2 e a zona pública colindante é de 1.38 m2, o que permitirá construír unha zona pública de case 2.000 m2. Este acordo, que suporá ao Concello un custo de 162.000 euros xa que o resto correrá a cargo da promotora, permitirá a urbanización de todo o espazo para dotar de coherencia estética e funcional a totalidade da praza.

Esta ordenación do espazo interior ten como obxectivo prioritario establecer unha conexión peonil accesible entre as rúas Urzáiz e San Roque, actualmente inexistente, ademais de respectar os accesos aos garaxes e revitalizar a zona.

 

Descargar todas as imaxes