Escoitar

A Vía Verde acollerá a primeira actuación do “Vigo Cidade de Cor 2024”

Abel Caballero anunciou esta mañá a “intervención” coa que “que busca mellorar o entorno urbano”. Para executar o mural, o vindeiro martes 19 cortarase o tránsito da Vía Verde á altura da rúa Coutadas.

xoves, 14 mar 2024

Este ano o “Vigo Cidade de Cor” contempla 8 novos murais, co que “sumamos un total de 177 actuacións”, sinalou o rexedor.

A primeira actuación deste ano terá lugar na Vía Verde, á altura da rúa Coutadas, que como indicou Caballero, “terá lugar no túnel, primeiro pintando e posteriormente realizar un embelecemento coa instalación dunha pérgola”, que “simularán ondas” feitas con texidos de cor laranxa e amarelo xirasol. O deseño de Manuel Martínez Carazo tratará de asociarse a diversos elementos da natureza.

Ademais na parede “transcribirase un poema de Patricia Sánchez Abeal”: Cruzar a ponte / desfacer a cidade / recuperar a pel / para achegarse ao corpo.

Descargar todas as imaxes