O goberno local concede 23.228 axudas á familias para os libros de texto por valor de 5 millóns de euros
Abel Caballero informou que xa se procedeu á verificación de todas as solicitudes, que neste segundo bloque beneficiará a 11.617 estudantes.
O Concello levará á resolución do segundo bloque das axudas ás familias para os libros de texto a próxima semana. O alcalde informou que o Concello xa ten verificadas todas a solicitudes e a próxima semana a proposta definitiva pasará por Xunta de Goberno para posteriormente proceder ao pago de segundo bloque, 11.617 beneficiarios da beca dos 205 euros.
Este alumnado súmase ao do primeiro bloque, que xa percibira a axuda, polo que o total de estudantes beneficiados da beca de 205 euros para libros de texto é de 23.228 euros. O Concello adica case 5 millóns de euros a esta acción.
“O diñeiro público en Vigo dedícase a favorecer á cidadanía, ás familias, a facer un Vigo mellor”, concluíu o rexedor.