Faladoiro "Rosalía, feminista"

luns, 22 feb 2016

O martes, 23 de febreiro ás 19:00h o Centro de Documentación e Recursos Feministas acollerá o faladoiro "Rosalía, feminista" que impartirá Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro. Actividade que se enmarca dentro dos actos que o Concello de Vigo organiza con motivo da celebración do Día de Rosalía o día 24 de febreiro

Presentacion do libro "Machismos: de micro nada"

martes, 9 feb 2016

O Grupo de traballo en igualdade Fiadeiras do CEESG (Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia) presenta en Vigo no Centro de Documentación e Recursos Feministas o libro "Machismos: de micro nada" o mércores, 10 de febreiro de 2016 ás 19:00 hora. Interveñen Noelia Darriba, Eva Bastón e Tania Merelas.

Programa de obradoiros na Casa das Mulleres

martes, 2 feb 2016

A Concellería de Igualdade lembra que está aberto o prazo de inscrición para participar en catro obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres: "Obradoiro de creación en video", "Obradoiro de Pintura", "Encontro para mulleres: xénero feminino, número singular" e "Obradoiro de escritura: escribir a nosa historia" Dirixidos a mulleres maiores de 18 anos.<br />

Caballero amosa o seu apoio ao labor da asociación Acción contra a violencia de xénero

mércores, 30 dec 2015

O rexedor vigués mantivo un encontro este mércores con Alicia Peralejo e Victoria Romero, presidenta e vicepresidenta da asociación Acción contra a violencia de xénero, á que Caballero amosou todo o apoio do Concello no desenvolvemento do seu labor xa que "en Vigo queremos estar continuamente na loita contra a violencia de xénero sen ningunha limitación nin restrición" e solicitou á Xunta de Galicia "que dedique máis recursos a esta loita en Vigo".

Representación no auditorio municipal da obra teatral "Té con kant"

luns, 7 dec 2015

Da man da Concellería de Igualdade a compañía Inversa Teatro representará no auditorio municipal a peza teatral "té con kant" o vindeiro mércores, 9 de decembro ás 21h, con entrada libre ata completar o aforo. Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntima próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Presentacion do libro "Rosalía Mera:el hilo suelto"

luns, 30 nov 2015

O Centro de Documentación e Recursos feministas acolle a presentacion do libro "Rosalía Mera:el hilo suelto", de Xabier R. Blanco (La esfera de los libros, 2015), o martes, 1 de decembro de 2015 ás 19:00 horas. Interveñen Xabier R. Blanco e Manuel Vázquez Sola.

O alcalde chama á cidadanía viguesa a loitar todos xuntos contra a violencia de xénero os 365 días do ano

mércores, 25 nov 2015

O EnlazaVigo reuniu hoxe a 2.000 estudantes para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres con actividades informativas, lúdicas e de concienciación na rúa do Príncipe e a conformación dun tapiz humano que simboliza o berro unánime da cidade contra a violencia machista. No acto central, Raquel Doval, en representación do Consello Municipal da Muller leu un manifesto de rexeitamento desta lacra e todos os asistentes gardaron un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas.

O EnlazaVigo 2015 implica á cidadanía na loita contra a violencia de xénero

martes, 24 nov 2015

Mañá mércores ás 12 horas desenvólvese en Vigo o acto central do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres que este ano ten como lema "somos quen de deter a violencia de xénero" e que reunirá no farol de Urzáiz a 1.800 estudantes para conformar un tapiz humano co que se amosará o rexeitamento da cidade a esta lacra. A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou as actividades da xornada acompañada de representantes de varias entidades do Consello Municipal da Muller.