Escoitar

Programa de obradoiros na Casa das Mulleres

A Concellería de Igualdade lembra que está aberto o prazo de inscrición para participar en catro obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres: "Obradoiro de creación en video", "Obradoiro de Pintura", "Encontro para mulleres: xénero feminino, número singular" e "Obradoiro de escritura: escribir a nosa historia" Dirixidos a mulleres maiores de 18 anos.<br />

martes, 2 feb 2016
1454420017escribir1.jpg
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade.

Inscrición previa desde o día 22 de xaneiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.

Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20

"OBRADOIRO DE CREACIÓN EN VÍDEO: VÍDEO EN FEMININO "

Imparte: Cora Peña Hernández

Obxectivos:análise fílmica dende a perspectiva de xénero: como é retratada á muller no cinema e na TV?; Creación en vídeo: indagación na ollada propia para a creación dunha pequena peza en formato documental ou vídeo-creación.

Contidos:
- Emprego descritivo da ferramenta audiovisual.
- A linguaxe audiovisual, códigos específicos do documental e da vídeo-creación.
- Estilo: a ollada propia.
- Realización dunha peza audiovisual

O desenvolvemento do programa constará de 30 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 2 horas e 30 minutos de duración cada unha.

Período e horarios:os xoves e venres desde o 11 de febreiro ata o 18 de marzo, de 18:00 a 20:30 h.

"ENCONTRO PARA MULLERES : XÉNERO FEMININO, NÚMERO SINGULAR"

Imparte: Sandra Verba Szerman

Obxectivos:Visibilizar situacións cotiás, analizando posibles alternativas de cambios positivos.Favorecer a recuperación de espazos perdidos e/ou desexados;Recoñecer unha presenza verdadeira, involucrada en procesos de participación e expresión saudable.

Contidos:
-Identidade e autoestima
-Corpo e saúde
-Violencia e poder
-Crises e estratexias de cambio
-Vínculos saudables
-Proxectos e desexos

O desenvolvemento do programa consta de 15 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 1 horas e 30 minutos de duración cada unha.

Período e horarios: os xoves desde o 18 de febreiro ata o 28 de abril de 19:00 a 20:30 h.

"OBRADOIRO DE ESCRITURA: ESCRIBIR A NOSA HISTORIA"

Imparte: Graciela Baquero Ruibal

Obxectivos:propiciar a visibilidade do colectivo de mulleres;favorecer o empoderamento da nosa expresión e o recoñecemento das mulleres como protagonistas; fortalecer a identidade das mulleres

Contidos:
-A actitude creativa. Técnicas de desbloqueo: xogos para desapreder.
-Como percibimos: a información dos sentidos.
-O ritmo na escritura: a respiración dun texto.
-Argumento, trama e estrutura dunha historia.
-Quen escribe? Tipo de narradoras e narradores.
-Os poboadores e poboadoras do pasado: creación de personaxes.
-A paisaxe dos nosos recordos: técnicas descritivas.
-O subconsciente e os soños: o mundo metafórico.
-O monólogo interior e outras formas de contar.
-Ten que parecer verdade: técnicas de verosimilitude.

O desenvolvemento do programa consta de 48 horas en total, distribuídas en 24 sesións de 2 horas de duración cada unha.

Período e horarios: luns desde o 15 de febreiro ata o 16 de maio de 18:00 a 20:00 h.

Descargar todas as imaxes