martes, 2 feb 2016
O alcalde, Abel Caballero, e a edil de Festas, Laura Iglesias, presentaron este martes a programación, que celebrará o sábado -se o tempo o permite- o desfile de comparsas e carrozas e contará durante cinco días cos tradicionais merdeiros, animacións de rúa, concurso de disfraces, unha carreira popular, orquestras como a París de Noia e unha ampla oferta para os máis pequenos.
martes, 2 feb 2016
No Día Mundial das Zonas Húmidas, Abel Caballero visitou o da Bouza, un dos sete cos que conta a cidade, que estes días coñecen os escolares vigueses e salientou o traballo de recuperación destes espazos de gran valor ambiental por parte do seu goberno. <br />
martes, 2 feb 2016
Continúa o desenvolvemento do programa municipal "Música coa escola", de divulgación das actividades das escolas municipais Escola municipal de música de Vigo (EMMV) e Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD).
martes, 2 feb 2016
A Concellería de Igualdade lembra que está aberto o prazo de inscrición para participar en catro obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres: "Obradoiro de creación en video", "Obradoiro de Pintura", "Encontro para mulleres: xénero feminino, número singular" e "Obradoiro de escritura: escribir a nosa historia" Dirixidos a mulleres maiores de 18 anos.<br />