O goberno de Vigo potenciará o labor das mulleres na economía xunto con Empresarias Galicia
Tras recibir á asociación Empresarias Galicia, quen lle presentaron a entidade e os seus obxectivos, o rexedor comprometeuse a desenvolver un proxecto compartido para poñer en valor o papel das mulleres empresarias e emprendedoras en Vigo e en Galicia.
Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con representantes de Empresarias Galicia, unha asociación de mulleres empresarias e emprendedoras que nace en Vigo e que, segundo lle trasladaron, queren darlle visibilidade e poñer en valor o papel feminino na economía dende diferentes ámbitos do desenvolvemento empresarial.
O alcalde amosoulles o apoio do seu goberno a este labor comprometéndose a desenvolver un proxecto compartido a prol da igualdade para "visualizar e poñer de relevo o papel das mulleres empresarias en Vigo e en Galicia" xa que considera que no ámbito empresarial é "se cabe máis necesaria" a potenciación da igualdade porque "a presenza de mulleres viguesas e galegas empresarias é moi inferior ao que representan no conxunto da economía".
Como mostra da cooperación coa potenciación do labor das mulleres empresarias e emprendedoras, o rexedor apuntou que o Concello dedicará recursos do plan de emprego a este fin.
Descargar todas as imaxes