O goberno de Vigo prevé ter en vigor en 2017 a nova ordenanza reguladora dos mercadiños
"Seguimos traballando na modificación da ordenanza que cremos que debe entrar en vigor o un de xaneiro", explicou este martes o alcalde de Vigo, tras valorar a "absoluta normalidade" coa que se desenvolveu o mercadiño de Bouzas o pasado domingo.
Abel Caballero indicou que o mercadiño de Bouzas se levou adiante o pasado domingo con "absoluta normalidade", con sesenta postos de venda. Avanzou o rexedor vigués que se está a revisar a documentación presentada no Concello por novos solicitantes para proceder á adxudicación de postos aos que cumpran cos requisitos estipulados.
"Seguimos traballando na modificación da ordenanza que cremos que debe entrar en vigor o 1 de xaneiro", explicou o alcalde de Vigo, quen recordou que se estuda a rebaixa das taxas de ocupación da vía pública para os postos.