venres, 12 ago 2005
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe venres o concerto de Amaral, que terá lugar no Auditorio de Castrelos o sábado 20 de agosto.
xoves, 11 ago 2005
O concelleiro Ignacio López-Chaves presentou hoxe xoves a XII edición do festival Revoltallo, que se celebrará do 16 ao 21 de agosto no Monte dos Pozos e que conta cunha axuda do Concello de 12.000 euros.
mércores, 10 ago 2005
Mañá xoves reunirase unha comisión de traballo no Concello para aportar medidas que enriquezan o decreto-lei promulgado polo Goberno e que impide o lume e o lanzamento de foguetes durante a celebración de festas.
martes, 9 ago 2005
A praza da Estrela está a acoller estes días, ás 20:00, a segunda edición do Titirrrúa, que reúne en Vigo a varios grupos teatrais que fan dos espectáculos de monicreques o seu traballo.
luns, 8 ago 2005
O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe luns o concerto de Rosendo e do Padre Jony, que terá lugar no Auditorio de Castrelos o próximo sábado, 13 de agosto, a partir das 22:30.
Noticia embargada ata o sábado ás 13,30 horas
venres, 5 ago 2005
Don José Silveira Cañizares leerá este pregón hoxe sábado ás 13,30 horas no Pazo de Castrelos en honor ao Cristo da Victoria.
martes, 2 ago 2005
A XII Semana de Teatro en Familia trae estes días a Vigo diversas obras teatrais a cargo de compañías de gran prestixio, para desfrute de nenos e maiores. Todas as representacións terán lugar na praza da Estrela, a partir das 20:00.
martes, 2 ago 2005
O espectáculo de teatro nas rúas que xa vai pola segunda edición ocupará a praza da Estrela entre o 8 e o 12 de agosto para entreter a nenos e pais con animacións de monicreques e marionetas de distintas medidas.
luns, 1 ago 2005
Os amantes do cine poden gozar desta arte ao aire libre estes días na praza do Rei, grazas ao ciclo "Realidade 2005", organizado pola Concellaría de Festas e Animación Sociocultural.
venres, 29 xul 2005
Os concertos do Festival "Para Vigo me voy" continúan no Auditorio de Castrelos, hoxe venres coas actuacións de Café Tacuba e a Habana Blues Band. O Festival finalizará mañá sábado cos concertos de Mariza, Sasha e La Chicana.