Comezo da programación de Vigolandia
martes, 27 dec 2005Do 28 de decembro ao 1 de xaneiro o IFEVI acollerá as actividades de Vigolandia 2006, destinadas aos mais cativos e centradas no deporte, a cultura e a integración.
Do 28 de decembro ao 1 de xaneiro o IFEVI acollerá as actividades de Vigolandia 2006, destinadas aos mais cativos e centradas no deporte, a cultura e a integración.
O concelleiro Ignacio López-Chaves presentará o carteiro real e as visitas que realizará aos barrios de Vigo o xoves ás 17:00 na Federación de Peñas "El Olivo", situado na praza de Galegos Ilustres.
Do 28 de decembro ao 1 de xaneiro o IFEVI acollerá as actividades de Vigolandia 2006, destinadas aos mais cativos e centradas no deporte, a cultura e a integración.
O alumeado de Nadal do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" será inaugurado hoxe venres ás 18:00, nun acto ao que asistirá o concelleiro Ignacio López-Chaves.
O Concello de Vigo instalou un Belén de tamaño natural na Praza de Compostela, á altura da fonte luminosa. O Belén, que ocupa unha superficie aproximada de 300 metros cadrados e inclúe un Misterio e un poboado con varias figuras da época, permanecerá nesta zona ata o 8 de xaneiro, onde poderá ser contemplado por todos os cidadáns que o desexen.
A concellería de Festas e Animación organiza o XXV Concurso de Rondallas que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2006, ás 18'00 h, no Instituto Municipal dos Deportes das Travesas. Neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120.
A concellería de Festas e Animación Sociocultural convoca o concurso "Vente cos Reis Magos 2006" que ten como obxectivo seleccionar a 36 nenos e nenas para acompañar os Reis Magos, na Cabalgata de Reis do próximo ano, que terá lugar na nosa cidade o vindeiro día 5 de xaneiro. Os selecionados serán repartidos en grupos de doce nas tres carrozas reais.
A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural "Interfolc", as "VII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas", que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 5, 6 e 20 de novembro, a partir das 20'00 horas.
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa asociación cultural "Interfolc", as VII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 5, 6 e 20 de novembro, a partir das 20.00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 21 de outubro.
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo principia proximamente un novo curso polo que as persoas interesadas poden inscribirse do 5 ao 30 de setembro nas dependencias da escola, situada no soto do Concello.