Escoitar

Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural "Interfolc", as "VII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas", que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 5, 6 e 20 de novembro, a partir das 20'00 horas.

xoves, 3 nov 2005
1131027558danza.jpg
En total participarán 8 agrupacións de danza e música. O día 5 actuarán o Grupo de danza "Bilitroque" de Verdillo, Carballo-A Coruña; Grupo de danza "Noutrora" de Sárdoma-Vigo; Grupo de danza "Adail" de Calo, Teo-A Coruña e o Grupo de danza "O Fiadeiro" de Vigo.

O domingo, día 6 subirán ao escenario o Grupo de danza "Fusos e Rocas" de Vigo; Grupo de danza "A Ponte Vella" de Teo-A Coruña; Grupo de danza "Froles Novas"de Lavadores-Vigo e o Grupo de danza "Tangaraño" de Mos.

O xurado valorá de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.

O xurado estará composto por Ignacio López-Chaves Castro, concelleiro de Festas e Animación Sociocultural; Javier Villasenín Codesido, ex–profesor e coreógrafo de danza tradicional; Reyes González Canda, ex-bailarina do Ballet Rey de Viana e profesora de Ballet; Edelmiro M. Fernández Parada, profesor de gaita e gaiteiro; Isabel García Quintela, secretaria da Federación Galega de Grupos de Danza e bailarina, e actuará de secretario Ramiro Quicler Zarandón, funcionario do Concello de Vigo.

Os premios establecidos son os seguintes:
1º premio: 1.500.-€, medalla e diploma.
2º premio: 900.-€, medalla e diploma.
3º premio: 600.-€, medalla e diploma.
4º premio: 300.-€, e diploma
5º e 6º premio: diploma.
Premio especial de 150.-€, e diploma ao mellor bailarín.
Premio especial de 150.-€, e diploma ao mellor bailarina.
Premio especial de 180.-€, ao mellor grupo de acompañamento.
Descargar todas as imaxes