A Biblioteca Central pon en marcha un obradoiro para facilitar a integración dos nenos inmigrantes
A Biblioteca Pública Central de Vigo incorpora neste curso académico unha nova actividade destinada aos nenos inmigrantes e que ten como obxectivo fundamental facilitar a súa integración lingüística e social.
O obradoiro, que terá lugar os sábados 12 e 19 de novembro de 10.30 a 12.30 horas, proporcionará aos rapaces que participen nel un achegamento á realidade social e lingüística galegas. A actividade, que conta cun máximo de vinte prazas e é gratuíta, está destinada á rapaces de 9 a 12 anos.
Ademais, a Biblioteca mantén o resto das actividades que viña desenvolvendo, como contacontos, obradoiros de inglés, visitas escolares e club de lectura.
Así, o sábado 5 de novembro, ás 11.00 horas na sala infantil da Biblioteca, terá lugar un contacontos para rapaces, que se desenvolverá co departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
En canto ás visitas escolares, están destinadas para rapaces a partir dos 3 anos e nelas as responsables das instalacións amosan cómo é a biblioteca, cómo funciona e qué se pode atopar nela. Esta actividade desenvólvese os martes, mércores e xoves de 10.30 a 12.00 horas. Os días 3, 8 e 10 de novembro, os nenos de 9 e 10 anos teñen a oportunidade de participar nunha visita que inclúe tamén un obradoiro de escrita creativa.
Por outra banda, a Biblioteca continúa desenvolvendo as actividades en inglés para rapaces e adultos. Os obradoiros de inglés destinados aos adultos, que inclúen conversa e club de lectura, terán lugar os venres de 16.30 a 18.00 horas.
Os adultos tamén poden participar no Club de Lectura que ten lugar os mércores de 17.00 a 18.00 horas, no que un grupo de persoas lé o mesmo libro e xúntase para comentalo.
En canto aos obradoiros para rapaces, que se desenvolven baixo o título "Aprende inglés xogando", serán tamén os venres. En concreto, para os rapaces de 4 a 6 anos, serán de 18.00 a 19.00 horas, e para os rapaces de 7 a 9 serán de 19.00 a 20.00 horas.
Debido á existencia dunha gran lista de agarda, é importante a asistencia á actividade, xa que no caso de que se produzan dúas faltas sen xustificar, darase a baixa automática da persoa. O obxectivo destes obradoiros é potenciar o uso e coñecemento dos fondos en outros idiomas que hai na biblioteca de xeito lúdico e entretido.
Finalmente, do 21 ao 25 de novembro, na Biblioteca Central celebrarase a Semana das Regueifas. En cada día participarán dous grupos dun máximo de 30 rapaces cada un en horario de 10.00 a 11.30 horas e de 12.00 a 13.30 horas. Esta actividade, destinada a escolares de entre 9 e 14 anos, recupera unha mostra da tradición oral galega con Luis "O Caruncho" e Pinto de Herbón.
Descargar todas as imaxes