Lucía Molares inaugura unha exposición urbana contra a violencia de xénero
A concelleira da Muller, Lucía Molares, inaugurou hoxe mércores a exposición "Motiva", composta por 70 mupis ou carteis elaborados por varios artistas para sensibilizar a sociedade sobre a violencia de xénero. A mostra poderá contemplarse nas rúas da cidade e na lonxa do Concello durante o presente mes de novembro.
Lucía Molares espera que estes mupis axuden a que "a xente se sensibilice sobre un tema tan importante" como a violencia de xénero, que no que vai de ano segou a vida de 63 mulleres en España. A concelleira considera necesario "un maior esforzo" para acabar con este problema.
"Motiva" foi organizada por primeira vez en 2004 polo Departamento de Deseño Gráfico da Escola de Arte de Oviedo. Dos 70 mupis que a compoñen, 50 poderán contemplarse nas rúas de Vigo, e os outros 20 estarán expostos na lonxa do Concello.
Esta exposición enmárcase na celebración, o próximo 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Con este mesmo motivo, a Concellaría da Muller desenvolve, ao longo deste mes, outras iniciativas sensibilizadoras, como un ciclo de conferencias sobre esta problemática organizado en colaboración coa cátedra de Dereito Penal da Universidade de Vigo.
"Motiva" forma parte do conxunto de actuacións desenvolvidas polo Concello dentro do II Plan de Acción Municipal para combatir a Violencia contra as Mulleres 2004-2007. A través deste plan, o Concello pretende achegar recursos de tipo asistencial, asociativo e orientados á participación e integración social das mulleres maltratadas. Así mesmo, o plan serve para levar a cabo accións, como a campaña institucional "Eu non son cómplice", destinadas á sensibilización social e á educación, para contribuír ao cambio de mentalidade e actitudes da cidadanía.
Descargar todas as imaxes