venres, 4 novembro 2005

Venda de entradas para o concerto de Chambao e Pastora

venres, 4 nov 2005

Xa están a venda as entradas para o concerto que ofrecerán o grupo andaluz Chambao e o catalán Pastora o vindeiro día 10 de novembro, ás 21 horas, no pavillón das Travesas e que organiza o Concello de Vigo con motivo da saída da Volvo Ocean Race. A entrada cun prezo único é de 6 euros.

A guitarrista Margarita Escarpa interpretará obras de Soler e Bach o no marco do Festival Are More

venres, 4 nov 2005

A guitarrista Margarita Escarpa ofrecerá un concerto o sábado, día 5 ás 20.30 horas, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, cuxa entrada é libre ata completar aforo. Por outra banda, o luns, día 7, ás 20:30 horas , no Auditorio Municipal , inaugurase o ciclo "Músicas para o silencio" que se desenvolve no marco do Festival Are More ata o 28 de novembro.

Aberta a exposición "Travesías. Galicia, terra de navegantes"

venres, 4 nov 2005

A Casa das Artes acollerá, desde o venres, 4 de novembro, a exposición "Travesías. Galicia, terra de navegantes". Esta mostra adentrará o visitante no mundo do mar a través de tres viaxes oceánicas vinculadas estreitamente co noso país, mostrando a evolución do coñecemento náutico ao longo dos tempos.