Escoitar

Venda de entradas para o concerto de Chambao e Pastora

Xa están a venda as entradas para o concerto que ofrecerán o grupo andaluz Chambao e o catalán Pastora o vindeiro día 10 de novembro, ás 21 horas, no pavillón das Travesas e que organiza o Concello de Vigo con motivo da saída da Volvo Ocean Race. A entrada cun prezo único é de 6 euros.

venres, 4 nov 2005
1131108555chambao.jpeg
Chambao
Os puntos de venda de entradas son : Caixanova: www.caixanova.es / 902 504 500 / oficinas da entidade; Central de Espectáculos de Vigo: 986 43 54 10 / www.centralespectaculos.com; Discos LP; Discos Gong e Discos La Columna

Chambao , grupo malagueño, é un dos máis innovadores no campo da mestura de estilos, da mestizaxe ao fusionar flamenco coa electrónica; son pioneiros nun son que leva a súa sinatura.

O grupo de Barcelona "Pastora", publicou o seu nova disco "La vida Moderna", o pasado 13 de setembro, entrando no posto 15 da lista nacional de vendas, e conseguiu colocar o seu primeiro single "Desolado", no número 1 do Airplay das radios de España durante varias semanas consecutivas.
1131108555chambao.jpeg
1131108567pastora.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información