Escoitar

Xunta de Goberno Local

Asuntos para incluir na sesión ordinaria de Xunta de Goberno Local do 7 de novembro.

venres, 4 nov 2005
1.- Acta da sesión ordinaria do 24 de outubro de 2005.

ALCALDÍA
2.- Gastos de locomoción das Concellerías de Distrito correspondentes o cuarto trimestre do ano. Expte. 2524/101.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4857/2002 interposto por D. JOSE MANUEL NORES PORTELA contra desestimación por silencio administrativo de reclamación de responsabilidade patrimonial. Estimado.

4.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4584/2002 interposto por D. CESAR FERNÁNDEZ PÉREZ contra desestimación por silencio administrativo de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

5.- Auto do TSXG no r.c.a. nº 02/4074/2003 interposto por D. FERNANDO RODRÍGUEZ GÓMEZ contra desestimación por silencio administrativo de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

BENESTAR SOCIAL
6.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 04/585/05, 04/916/05, 23/28.

7.- Proxecto de convenio de colaboración coas centrais sindicais para o mantemento das oficinas de información social e xuvenil. Expte. 12750/301.

CULTURA
8.- Contratación do concerto da orquesta Le Triomphe de L’amour- Festival de Música Are-More 2005. Expte. 9182/331.

9.- Contratación do concerto de "Apollo e Daphne"(María Cristina Kiehr, Furio Zanassi e Ensemble Stylus Phantasticus) Festival de Musica Are-More 2005. Expte. 9181/331.

10.- Contratación da ópera para escolares "La Cenicienta": Festival de Música Are-More 2005. Expte. 9177/331.

11.- Contratación do concerto do cuarteto de cordas "Quiroga e Victor Rodríguez": Festival de Música Are-More 2005. Expte. 9180/331.

12.- Contratación do concerto de "Ian Bostridge e Graham Jonhson": Festival de Música Are-More 2005. Expte. 9176/331.

13.- Contratación do concerto de "Anne Sofie Von Otter e Ensemble": Festival de Música Are-More 2005. Expte. 9179/331.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
14.- Bases para a selección dos beneficiarios/as oficiais dentro do Programa Bial 2006. Expte. 3494/077.

FESTAS E A. SOCIOCULTURAL
15.- Bases do concurso "Vente cos Reis Magos 2006". Expte. 1669/335.

INTERVENCIÓN MUNICIPAL
16.- Gastos de locomoción do persoal municipal para incluir na nómina do mes de novembro.

17.- Xustificantes de libramentos.

MEDIO AMBIENTE
18.- Proposta de resolución do procedemento sancionador por contaminación acústica contra o establecemento denominado "Nemomanía, S. L.", sito na rúa Areal Nº 20, baixo, de Vigo. Expte. 3299/306/2005.

19.- Proxecto de acondicionamento da Xunqueira do Lagares T.M. de Vigo (2ª fase). Expte. 1673/306.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
20.- Devolución de aval a Sánchez Álvarez, S. L.constituído con motivo da reserva especial de vía pública por obra na rúa Rogelio Abalde, 1. Expte. 71604/210.

21.- Devolución de aval a Juan Pazos S. L. constituído con motivo da reserva especial de vía pública por obra na rúa Areal, 16, de Vigo. Expte. 71610/210.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
22.- Expediente de contratación para a subministración de mobiliario para o Centro Cívico de Saiáns e Auditorio do Centro Cultural de Valadares. Expte. 807/321

23.- Expediente de contratación dos servizos en bibliotecas públicas de proximidade (bibliotecas públicas escolares) do Concello de Vigo. Expte. 9128/331.

24.- Expediente de contratación da subministración dun piano para a Escola municipal de Música. Expte. 7076/332.

25.- Adxudicación do procedemento negociado para a subministración de armas para a Policía Local. Expte. 33162/212.

26.- Solicitude de D. Carlos César Gayoso Melón de descatalogación do carácter público do camiño Ceboleira R-1-1. Estimada en 54 m lineais do camiño. Expte. 15614/240.

27.- Solicitude de D. Eloy Magallanes Rodríguez de descatalogación de carácter público dun tramo da rúa Devesa. Estimada. Expte. 17001/240.

28.- Rectificación do Inventario municipal de bens e dereitos dando de baixa o ramal 1-2 do camiño de San Roque. Expte. 10099/240.

29.- Solicitude de D. Alvaro González Valverde de corrección no Inventario municipal de Bens e Dereitos, da lonxitude do cño. do Castañal en Saiáns. Desestimada. Expte. 16702/240.

30.- Desafectación do local municipal sito na rúa Mestres Goldar nº 22, denominado Casa de Oficios Mestres Goldar. Expte. 17352/240.

31.- Reclamación de Purificación Simón Soto de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 61/243. Estimada.

32.- Reclamación de Celia Álvarez Montero de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 199/243. Estimada parcialmente.

33.- Reclamación de Armindo Álvarez Burgos de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 259/243. Desestimada.

PERSOAL
34.- Productividade por conducción de vehículo lixeiro, sen ser oficiais conductores, ao persoal do Servizo de Extinción Incendios, 3º trimestre 2005. Expte. 16072/220.

35.- Productividade por xornada partida do persoal de Cemiterios, agosto e setembro 2005. Expte. 16072/220

36.- Gratificación por servicios especiais e extraordinarios por exceso de xornada do persoal do Servizo de Cemiterios, agosto e setembro. Expte. 16085/220.

37.- Solicitude de D. Enrique García Silva de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público. Expte. 16084/220.

URBANISMO
38.- Ratificación do convenio sobre o prezo xusto da parcela "B-5" expropiada a Dª Concepción Collazo Martínez con motivo das obras de urbanización do camiño de Maceiras. Exptes. 4467/401 - 145/413.

VÍAS E OBRAS
39.- Expediente de contratación das obras de reparación e acondicionamento da cuberta e fachadas do pavillón polideportivo do Berbés. Expte. 46515/250.

40.- Expediente de contratación de obras de construcción e rehabilitación de muros en Alfonso XIII-Renfe, Parque Camilo José Cela e praia da Punta. Expte. 46499/250.

41.- Rogos e preguntas.