mércores, 12 abr 2006
O Concello achegará 10.000 euros ao Cine Club Lumière para a organización conxunta dunha programación de cine que se desenvolverá nos periodos de marzo a xuño e de setembro a decembro de 2006 no Auditorio Municipal.
mércores, 12 abr 2006
El Ayuntamiento aportará 10.000 euros al Cine Club Lumière para la organización conjunta de una programación de cine que se desarrollará en los periodos de marzo a junio y de septiembre a diciembre de 2006 en el Auditorio Municipal.
martes, 11 abr 2006
A concellería de Festas e Animación Sociocultural asinará un convenio no que se establece o apoio , potenciación e promoción por parte do Concello das nove bandas populares de música de Vigo agrupadas na Federación de Bandas, a través da programación de ciclos de concertos e actuacións durante todo o ano polos barrios e centro da cidade, dentro do programa "Vigo, un mar de bandas" e da posta en funcionamento do programa de formación continua para músicos "Aulas de música nas bandas".
martes, 11 abr 2006
La concejalía de Fiestas y Animación Sociocultural firmará un convenio en el que se establece el apoyo , potenciación y promoción por parte del Ayuntamiento de las nueve bandas populares de música de Vigo agrupadas en la Federación de Bandas, a través de la programación de ciclos de conciertos y actuaciones durante todo el año por los barrios y centro de la ciudad, dentro del programa "Vigo, un mar de bandas" y de la puesta en funcionamiento del programa de formación continua para músicos "Aulas de música en las bandas".
mércores, 29 mar 2006
No Auditorio Municipal representase o xoves, 30 de marzo, a obra de teatro-forum "Cachai" da Compañía Plan de Fugas como unha proposta pedagóxica da Aula Aberta de Filosofía organizada pola Sociedade de Profesores de Filosofía Hispano-Chilena.
venres, 24 mar 2006
O Casco Vello de Vigo será escenario o sábado 25 e o domingo 26 de marzo de dúas novas xornadas de actos populares de celebración da Reconquista da cidade. Os actos festexan a Reconquista de Vigo ás tropas francesas, culminada o 28 de marzo de 1809.
venres, 17 mar 2006
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves e o presidente da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, Henrique Macías Cambra, asinaron o convenio de colaboración para a celebración dos actos populares da Reconquista de Vigo que este ano se celebrarán os días 21, 24 ,25 e 26 de marzo. Os actos festexan a reconquista de Vigo das mans estranxeiras, lembrando o 28 de marzo de 1809.
venres, 24 feb 2006
O programa oficial do Entroido 2006 iniciarase hoxe venres ás 19:00, cando o xornalista Fernando Franco lea o pregón das festas na praza da Constitución. Despois, no mesmo lugar, celebrarase a segunda e definitiva xornada do concurso de coplas e procederase á entronización do Meco, que este ano fará referencia ao PXOM e ao multamóbil.
mércores, 22 feb 2006
Como actividade previa ao Entroido, o xoves 23 na praza da Constitución , a partir das 19 horas terá lugar as actuacións dos grupos que participan no concurso de coplas, evento que se recuperou no 2005 despois de máis de vinte anos de ausencia.