Unha reflexión sobre a distribución da riqueza centra a obra teatral "Cachai"
No Auditorio Municipal representase o xoves, 30 de marzo, a obra de teatro-forum "Cachai" da Compañía Plan de Fugas como unha proposta pedagóxica da Aula Aberta de Filosofía organizada pola Sociedade de Profesores de Filosofía Hispano-Chilena.
Na actividade participaron a totalidade dos profesores de filosofía dos instituto da cidade e nela participan arredor de 1.000 alumnos. Ao espectáculo do xoves asistiran os centros de ensino de secundaria de Coruxo, Manuel Antonio, Politécnico, Santa Irene, Rosais II, Alexandre Bóveda e IES de Mos. Os pases da obra son ás 9 e ás 12 horas.
O espectáculo Cachai está contextualizado en Chile tras o golpe de estado de Pinochet en 1973, e a través deste acontecemento a obra suxire unha reflexión sobre o "xenocidio cotiá" que provoca a mala distribución da riqueza.
Ao remate da representación haberá establecese un coloquio co alumnado que participa para debater sobre a temática da obra.
Descargar todas as imaxes